Rosalía, a nena con poderes invisibles

CUENTO: CARMEN CASTROMIL | ILUSTRACIÓN: CLARA MONTAGUT

Había unha vez unha rapaza que se chamaba Rosalía. Seu pai nunca viviu con ela e creceu con esa morriña de ser invisible ós ollos dun pai. De pequerrecha, cando os bebés aínda maman o leite materno, tamén lle faltou sua nai e non se volveron xuntar ata que cumpriu cinco anos. Así que Rosalía se criou cunha tía moi boa nunha aldea de Padrón. Si! O pobo dos pementos, eses que ás veces pican e outras non.

Tímida e melancólica. Así creceu esta nena na Galicia rural do século XIX. Moitas veces desexaba ser invisible de verdade, porque así se sentía mellor. Daquela, pechábase no seu cuarto, poñíase a súa capa da invisibilidade, como Harry Potter, e escribía cousas que lle facían ben. Iso consolábaa. Porque expresar por escrito o que sentes, alivia unha morea. E non é trola.

– ¡Rosalía: non fales galego!, rifoulle un día o seu maestre.

Ela non lle contestou, porque era una rapaza moi doce e educada, pero marchou triste e con moitas preguntas na testa.

¡Non entendía ren! Aquelo pasou ó pouco de que Maruxa, a leiteira que sempre lle daba un vaso de leite ao saír da escola, marchara cunha maleta moi lonxe, A súa tía contoulle que tivera que emigrar a América porque vender leite naquel pobo non lle daba para comer.

Así que Rosalía –invisible outra vez– decidiu ir pasear ao seu lugar favorito, á ribeira do río Sar, onde escoitaba cantar aos campesinos e podía falar cos paxaros das inxustizas que vía ao seu carón:

– Por que non podía falar en galego cos mestres? E por que os seus veciños tiñan que cruzar o Atlántico para poder traballar? Por que a xente do campo cantaba esas cancións?

Por que? Por que? Por que?

Rosalía so atopaba resposta a todas estas preguntas cando escribía. Facíao en galego, aínda que estivera mal visto, porque era a lingua na que mellor se expresaba; e tamén, porque era o seu xeito de rebelarse contra o que vía e non lle gustaba. As palabras tiñan para ela un poder máxico que lle facían sentirse moi poderosa.

– Porque aínda non se lles permite ás mulleres escribir o que senten e o que saben.

Por iso escribía. Facíao tan ben que se converteu nunha escritora universal, a galega máis lida e traducida de tódolos tempos. Hoxe, ata un avión que surca os ceos leva o nome daquela rapaza que de cativa se facia invisible: Rosalia de Castro.

"Chorar as penas alivia e, ben contadas, calman o espírito e o desacougo".
COMPARTIR ESTE CUENTO
A protagonista

Rosalía de Castro

Poeta e novelista.
Naceu en Santiago de Compostela, no século XIX.